Publicacións

ASESORÍA: XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Imaxe
Fonte:  Asesoría de bibliotecas escolares  "A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021.   O lema elixido, XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR ,   quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construcción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa.  Cada libro que o alumnado ten a aportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a importancia da selección de lecturas que se pon ao seu alcance. A ilustradora encargada este ano de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.  En tempos confusos como os que estamos a vivir cómpre volver ás orixes, ao fundamental: a lectura ...

DEVOLUCIÓN FONDOS CURSO 2019-20

Imaxe
A ampliación do prazo de devolución dos fondos (curso 2019-20) por mor da situación sanitaria rematará   o vindeiro 10 de setembro.  A  devolución do material farase en conserxería segundo as indicacións sanitarias. Moitas grazas pola vosa colaboración

NO BICO UN CANTAR 2020

Imaxe

PEQUE CORO IN CRESCENDO E O SEU "BELLA CIAO"

Imaxe
Fonte: youtube Peque Coro: " Coro virtual gravado no mes de Maio de 2020. O mundo enteiro, vivindo na pandemia do COVID-19,  recorda os 75 anos do fin da Segunda Guerra Mundia l"

SUXESTIÓNS

Imaxe
  Fonte: google.es  Lembrade que podedes mandarnos suxestións ao correo electrónico da biblioteca     bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com (asunto " SUXESTIÓNS ") Agradecémosvos as vosas ideas que axudan a mellorar.  Un saúdo desde biblioteca

SERVIZOS: devolución de material emprestado

- O prazo de devolución dos empréstitos feitos antes do estado de alarma amplíase ata o 10 de setembro. - A devolución do material farase en conserxería segundo as indicacións sanitarias.     - No caso de necesidade por parte do Centro de material que se atope emprestado, poderase reclamar ao usuario a devolución do mesmo.

SERVIZOS: empréstitos puntuais

Imaxe
Sorolla , niña no mar Para o que resto do c urso 2019-20     A biblioteca só abrirase para empréstitos puntuais. -         O acceso será mediante petición previa a algún membro do equipo directivo. -         Hixienizaranse as man s ao entrar e ao saír da biblioteca (dispensador de solución hidro-alcohólica dispoñible dentro). -         Anotarase na folla de control o material emprestado e o usuario. -          A devolución do material farase tan pronto como sexa posible en conserxería. -         O material devolto permanecerá como mínimo 14 días en corentena antes de volver aos andeis.         No caso de necesidade por parte do Centro de material que se atope emprestado, poderase reclamar ao usuario a devolución do mesmo.