Publicacións

ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: DÍA DAS BIBLIOTECAS.

Imaxe
Fonte:  Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia   Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola  Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil  á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.    A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do  Día das Bibliotecas , este 24 de outubro de 2021.  "A edición deste ano, baixo o lema  “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir”  céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos."   As bibliotecas escolares galega...

DÍA DA BIBLIOTECA: 24 DE OUTUBRO. Novos usuarios

Imaxe
                                                                                       Canvas  Durante estes días, aproveitando que o 24 é o día das bibliotecas, as profesoras que imparten linguaxe musical en 1º de GE colaborarán connosco para repartir os carnés de usuarios ao novo alumnado.   Tamén explicarán brevemente onde poden atopar toda a información referente a ela, que poden colaborar connosco dentro do programa "Bibliotecas escolares solidarias" e repartirán marcapáxinas e este pequeno folleto que fixemos en biblioteca con moito agarimo.  Enlazamos co titorial e a guía ( Guía do usuario 2021-22 ) que esperamos sexan útiles: Saúdos desde a...

5 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DOS DOCENTES

Imaxe
Fonte: youtube.com

OUTUBRO: SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA

Imaxe
 

1 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DO SORRISO

Imaxe
Fonte: Microsoft bing. www.diainternacionalde.com  Hoxe, primeiro venres de outubro, é o Día Mundial do Sorriso. Harvey Ball, o creador deste emoticono 😊, decidiu hai 22 anos dedicar un día para lembrar ser felices e levar a felicidade aos demais.  Desde 2001, ano do falecemento de Harvey, é a Fundación Harvey Ball World Smile a que se encarga de realizar actividades e recaudar fondos por todo o mundo a intentar transmitir alegría.    Os beneficios do sorriso son moitísimos e parece que non importa en que lugar do mundo esteas, porque un sorriso sempre é positivo. Comparte sorrisos hoxe. 

NOVIDADES: FONDO LOCAL

Imaxe
Desde o Concello de Ferrol achégannos o fondo "Memoria histórica de Serantes" de J.J. Burgoa e Guillermo Llorca (Coord.)   Atópase en H.V. BUR mem (*R7179 )

CERTAME XUVENTUDE CREA 2019 E 2020

Imaxe
   Grazas á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta, temos dous exemplares das publicacións que recollen as obras gañadoras de todas as especialidades do certame Xuventude Crea 2019 e 2020 , que na actualidade inclúe artes plásticas, banda deseñada, fotografía, deseño de xoias, graffiti, danza moderna, moda, música, poesía, novela curta, cociña, creación de videoxogos, videocreación e teatro. ( H.A xuv; *R7180-7181). Podes consultar a súa disponibilidade na   OPAC Para ampliar información clica no enlace: http://xuventude.xunta.es/xuventude-crea