Publicacións

NOVIDADES: LITERATURA INFANTIL

Imaxe
 Temos dúas novidades en literatura infantil!   Los ballets más bellos del mundo ( LI.I/bal, *R 7452 ) My hero Academy ( LI.I/HOR/my, *R7451 )

NOVIDADES: O xenio da Cidade do Sal

Imaxe
 A Xunta envíanos uns volumes do libro en galego " O xenio da Cidade do Sal " ( LI.I/CAS/xen, *R7457 e ss. ) de Fina Casadelrey e Xosé Cobas. Esperamos que vos guste!

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Imaxe
A Rosalia, a "nosa" a de Castro , xa lle adicamos o Reto Musical deste curso facéndovos coñecedores da súa peza musical Alborada máis coñecida como Alborada de Rosalía de Castro . Hoxe é unha data singular porque un 23 de Febreiro de 1837 nace en Santiago de Compostela unha nena chamada Rosalía. Quen sabía que se ía converter na figura máis relevante da literatura galega?

RETO MUSICAL: ENTREGA DE DETALLES

Imaxe
  Aquí temos ás valientes alumnas que se atreveron co reto musical deste curso. Esperamos que volo pasárades moi ben. Noraboa a todas

NOVIDADES: LINGUAXE MUSICAL E EUFONÍA

Imaxe
Temos novidades en Linguaxe musical ( L.L 152-153, *R7448-7449 ) e o derradeiro número de Eufonía ( R.M euf90 )   Consulta a súa disponibilidade en  OPAC

21 de FEBREIRO: DÍA DA LINGUA MATERNA

Imaxe
O Día Internacional da Lingua Materna destaca que as linguas e o multilingüismo poden fomentar a inclusión e que os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible céntranse en non deixar atrás a ninguén. A UNESCO considera que a educación baseada na primeira lingua ou na lingua materna debe comezar desde os primeiros anos de escolaridade, xa que a atención e a educación da primeira infancia son a base da aprendizaxe. No caso da nosa lingua materna, o Galego, a Real Academia Galega (RAG) declara o medio escolar  como "hostil" para o galego,  xa que cada vez son máis os rapaces que chegan a escola falando en galego e pásanse ao castelán só polo feito de encaixar. Hoxe queremos reinvindicar o uso e normalización da nosa lingua materna como ferramenta de inclusión na infancia!

XA TEMOS GAÑADORA DO RETO MUSICAL 2021-22

Imaxe
 A gañadora do RETO MUSICAL 2021-22 é A.A.F. (alumna de Oboe de 3º de Grao Elemental) Para as/os curiosas/os imos resolver os 3 retos propostos nesta edición. 1º RETO: Rexurdimento 2º RETO: Alborada 3º RETO: Alborada de Rosalía de Castro En palabras da propia Rosalía: Aquí vos deixamos cunha versión  da Alborada en clave de jazz interpretada por Guadi Galego e Anxo Angueira á voz, acompañadas por Abe Rábade ao piano.