Publicacións

II CONCURSO DE POSTAL DE NADAL MUSICAL. ORGANIZA A BIBLIOTECA JOSÉ FONTENLA LEAL DO CMUS XAN VIAÑO

Imaxe
 XA PODEDES PARTICIPAR !!! TEDES O BUZÓN NA BIBLIOTECA PARA DEPOSITAR AS VOSAS CREACIÓNS. A POSTAL GAÑADORA CO 1º PREMIO FARASE PÚBLICA NA PÁXINA WEB DO CENTRO E TAMÉN SE ENVIARÁ ÁS FAMILIAS POR CENTROS NET PARA FELICITAR O NADAL A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA. LEMBRADE LER BEN AS BASES, SOBRE TODO EN RELACIÓN Á LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS. SE TEDES ALGUNHA DÚBIDA, PREGUNTADE A UN DOCENTE DE GARDA QUE ESTEA NA BIBLIOTECA OU Á COORDINADORA NO AULA 15, SORAYA. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!! 

MICRORRELATOS GAÑADORES DO II CONCURSO DE MICRORRELATOS DE SAMAÍN

Imaxe
Estamos moi ledos de amosar e anunciar os Microrrelatos gañadores das tres modalidades do "II Concurso de Microrrelatos de Samaín". Pola lei de protección de datos, non faremos públicos os nomes dos e das gañadoras pero sí as imaxes dos relatos. Tamén poñemos os relatos que quedaron sen premio pero que recibirán un agasallo por participar. Lembrade que entregaremos os diplomas e os premios esta tarde ás 17:30 h. na biblioteca José Fontenla Leal do Xan Viaño. Podedes vir disfrazados/as e tamén nos gostaría que lérades eses relatos tan orixinais que presentáchedes.  Moitísimas grazas a todos e todas por participar !!   Grazas á vosa participación e ás vosas creacións, podemos seguir a facer actividades coma esta 👏🎉 O Equipo de Biblioteca Premio ao mellor Microrrelato con Ilustración do II Concurso de Microrrelatos de Samaín Hai que medo miña nai ! Premio ao mellor Microrrelato máis orixinal e divertido do II Concurso de Microrrelatos de Samaín A pantasma do conser Premio ao ...

24 de Outubro Día das Bibliotecas Escolares : contra a desinformación

Imaxe
  Este ano, o Día das Bibliotecas, 24 de outubro, dedícase a un tema de máxima actualidade: a loita contra a desinformación. Con este motivo, La Voz de Galicia comparte un contido informativo de interese para os centros educativos, co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre a importancia de acceder a fontes fiables, contrastar información e desenvolver o pensamento crítico. O xornalista César Rodríguez ofrecerá un relatorio sobre a IA (desInformAción) na biblioteca do IES Urbano Lugrís, de Malpica, na que se abordarán cuestións como que é a desinformación, en que contexto se produce, a IA e a sabedoría das multitudes: algo é certo se se repite moito, imaxes e vídeos: autopistas para a desinformación e facilitará pautas para combater a desinformación clásica e a nova. A charla, pensada para alumnado de educación secundaria, emitiuse en directo por diferentes canles de La Voz de Galicia e o seu programa educativo (Prensa-Escuela) e eiquí a reproducimos completa:

Arturo Lezcano publica «O país invisible: a epopea atlántica da diáspora galega»

Imaxe
  O escritor ferrolán converte nun monumental libro un sinnúmero de historias dos que, a medio camiño entre a épica a e poesía, fixeron que Galicia tamén habitase o outro lado do mar O escritor ferrolán  Arturo Lezcano  (fillo, por certo, daquel outro Arturo Lezcano,  magnífico periodista e magnífico escritor tamén , que lle presentou a  Vicente Risco  a  Carlos Casares  e que tivo un lugar central na cultura galega da segunda metade do século XX) publica un novo libro,  «O país invisible: a epopea atlántica da diáspora galega» . Unha obra monumental que ve a luz da man da editorial Libros del K.O., e que converte en letra impresa un sinnúmero de historias dos que, a  medio camiño entre a épica a e poesía , fixeron que Galicia tamén habitase o outro lado do mar. (Historias, todo sexa dito de paso, como a de Pepe la Muerte, que era de Sillobre, en Fene, e que tanto sabía de Lucky Luciano e desas sombras de Nova York que, co paso do t...

Orquesta Sinfónica de Galicia + Ana María Patiño, directora. Xoves 6 de novembro ás 20:30 h.. Auditorio de Ferrol

Imaxe
  6 de NOVEMBRO de 2025, ás 20.30h Auditorio de Ferrol ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA Ana María Patiño, directora PROGRAMA : Schumann:   Genoveva , Obertura, op. 81 Dvořák:  Serenata para cordas en Mi maior, op. 22 Brahms:  Sinfonía nº 1 en Do menor, op. 68 Unha viaxe ao corazón do romanticismo alemán. A abertura *Genoveva* de Schumann é un drama sen palabras, intenso e lírico. A *Serenata* de Dvořák ofrece unha fuga de pura alegría e melodías encantadoras, amosando o dominio da composición de cordas. A colosal *Primeira Sinfonía* de Brahms, cos seus sobretonos beethovenianos e o seu final triunfante, é un desafío interpretativo que esixe profundidade e potencia. Ana María Patiño debe articular este contraste entre intimidade e grandeza con claridade e emoción. Este concerto comeza a temporada cunha actuación vibrante e emotiva. A abertura *Egmont* de Beethoven, cargada de potencia e dramatismo, establece un ton heroico. O Concerto para violín de Sibelius, interpretad...

Bicentenario do nacemento de Avelina Valladares

Imaxe
  T al día coma hoxe de hai 200 anos, nacía na Estrada Avelina Valladares, pioneira da literatura galega. Foi unha das primeiras mulleres en escribir artigos de opinión na prensa e unha precursora no emprego da lingua galega nalgúns dos seus poemas. A pesar de ter unha profunda formación relixiosa, Avelina rompeu coas normas sociais da súa época, rexeitando unha e outra vez os pretendentes que viñan "salvala" da súa soltería. A emigración, Galicia, a orfandade, a fe e a súa propia familia foron temas recorrentes nas súas composicións. Ademais dos seus textos, a autora deixou constancia do seu talento en composicións musicais e en debuxos.

Antía Yáñez gaña o premio Raíña Lupa

Imaxe
Antía Yáñez vén de gañar o premio Raíña Lupa de literatura infantil 2025, convocado pola Deputación da Coruña, pola súa obra   Bragakadabra . O xurado destacou por unanimidade o humor, a imaxinación, a fantasía e a tenrura da obra, así como a reflexión que propón o libro sobre a capacidade de superación persoal e o empoderamento nun relato pensando para lectores novos pero de alcance universal. Anímate a ler algunha das  obras  desta autora.