Publicacións

Día da Ilustración 2026

Imaxe
  Como cada 30 de xaneiro, hoxe celébrase o Día da Ilustración. Este ano, o artista homenaxeado é  Siro , caricaturista, debuxante, pintor, xornalista e escritor nado en Ferrol en 1943. Ademais de álbums de debuxos, caricatura e humor, Siro ilustrou cartelería e libros de diversos autores/as e editoriais e, ao longo da súa carreira, tamén traballou nunha serie de proxectos máis aló do debuxo. Así, xunto a Xaquín Marín, impulsou o Museo do Humor de Fene, inaugurado en 1984; escribiu guións e dirixiu programas de radio e televisión:  Imos aló? , pioneiro por ser o primeiro curso de galego emitido na TVG (1989 e 1990) e  Corre Carmela que chove , que se mantivo 21 anos en antena facendo terturlia de actualidade en clave de humor. En 1990 deseñou a Praza do Humor (A Coruña). 

Tal día coma hoxeos...os Beatles deron o su último concierto

Imaxe
  En la primera hora de la tarde del 30 de enero de 1969, los transeúntes de Savile Row, en Londres, presenciaron un momento histórico: en la azotea de la sede de Apple Corps, los Beatles ofrecieron o que sería su último concierto xuntos. El concierto de 42 minutos, interrumpido pola intervención policial, incluye interpretaciones de "One After 909", "Dig a Pony" y "I've Got a Feeling", que se incluye en el último álbum de la banda, Let It Be (lanzado en mayo de 1970, aproximadamente un mes después de que se confirmó la separación de los Beatles). La improvisación en la azotea también incluye varias versiones de "Get Back" y "Don't Let Me Down", además de una improvisación de "God Save the Queen". Con todo, este momento icónico de la historia de los Beatles estivo a piques de non ocorrer. A principios de estos meses, los 2 de xaneiro, Paul McCartney, John Lennon, George Harrison y Ringo Starr se reunieron con nuestros ...

A pintura rupestre máis antiga do mundo

Imaxe
  Nunha cova de pedra calcaria da illa de Muna, en Indonesia, un grupo de arqueólogos encontrou a silueta dunha man pintada en negativo que ten, polo menos, 67800 anos de antigüidade. Este novo descubrimento non só adianta a orixe coñecida ata agora da arte rupestre, senón que a despraza xeograficamente desde Europa ata o sudeste asiático. Os responsables do descubrimento recoñecen que non poden saber con toda seguridade quen pintou a man de Muna, pero din que a explicación máis probable é que fosen  Homo sapiens . Toda a información  aquí .

Volve STORYTELLING AT THE LIBRARY !! Comezamos o 2 de febreiro.

Imaxe
O día 2 de febreiro comezan de novo as proxeccións en inglés para quen queira mellorar ou aprender este idioma.  O horario será de 17:15 a 17:45 h . na zona delimitada para o proxector e as merendas. Un ano máis, o Equipo da Sección Bilingüe colabora co Equipo de Biblioteca para levar a cabo esta actividade tan interesante e educativa. Moitas grazas a todos e a todas por participar e por ter esta iniciativa. Podes tomar a merenda mentres gozas da proxección pero lembra deixar todo recollido e limpo. Tedes os contenedores para o lixo. Vémonos !!

Aniversarios musicales 2026: xaneiro

Imaxe
  XANEIRO Ermanno Wolf-Ferrari , compositor italiano. 12 de xaneiro, 150º aniversario do seu nacemento. Morton Feldman , compositor estadounidense. 12 de xaneiro, 100º aniversario do seu nacemento. J uan Crisóstomo de Arriaga , compositor español. 17 de xaneiro, 200º aniversario do seu falecemento. David Tudor , pianista e compositor estadounidense. 20 de xaneiro, 100º aniversario do seu nacemento.

Xaneiro científico 2026

Imaxe
 

Plataforma E-LB2 formación para as familias

Imaxe
  A plataforma E-LBE.2 ofrece a posibilidade de lectura a través de préstamos dixitais. O día 10 de marzo haberá unha formación online destinada ás familias para que poidan aprender como utilizar esta ferramenta conxuntamente co alumnado. Quen queira participar só ten que clicar sobre o  enlace de acceso ao formulario  e conectarse o día da formación seguindo as instrucións que lle cheguen ao correo. Podedes escoitar a charla conxuntamente familias e alumnado, posto que o préstamo de libros de lectura persoal está a disposición tanto para vós como para elas. Só teriades que pedir os códigos de acceso en biblioteca.