XEOGRAFÍAS SONORAS: JAZZ
O jazz... un único término para referirnos a un xénero musical moi amplo e complexo, nado en Nova Orleáns (Luisiana, EEUU) a finais do século XIX, parece ser que pola confluencia de diferentes elementos históricos, raciais, sociais, relixiosos e musicais, e a ter como raíz a poboación de raza negra procedente de África.
Se queredes afondar mais sobre a amplísima historia do jazz hai moita bibliografía (e discografía) ao respecto; para empezar poderíades consultar a páxina Doctajazz para un primeiro acercamento pois atoparedes respostas doadas para os neófitos e recomendacións interesantes.
Copiamos o seguinte esquema básico sacado da páxina:
Fonte: doctajazz (de Joachim-Ernst Berendt)
Agora escoitemos jazz! Eliximos dúas gravacións de dúas grandes do jazz: Billie Holliday co seu "Strange fuit" (un tema co que denunciábanse os linchamentos racistas no sur de EEUU) e Ella Fitzgerald acompañada por Duke Ellington "It don't mean a thing (if it ain't got that swing)". Non deixedes de curiosear por esta increíble e variada música...
Fonte: youtube. Billie Holliday, Live 1959 [Reelin' in the Years Archives]
Fonte: youtube. The Ed Sullivan Show, 7 marzo 1965.
Comentarios
Publicar un comentario