Publicacións

CONCERTO DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

Imaxe
 Lembramos o concerto de hoxe no Auditorio de Ferrol. Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana 10 de nosos alumnos e alumnas poderán asistir de balde. Animádevos  Abril                                                                                                    Data: xoves 28 de abril, ás 20.30 horas Sala: Auditorio de Ferrol ORQUESTA SINFONICA DE GALICIA   Víctor Pablo Pérez, director Alice Sara Ott, solista Programa: J. M. Ruiz (1968-   ): Balcánicas E. Grieg (1843-1907): Con...

ACR "O PEQUE CORO": MOBLES PARA OS CONTRABAIXOS

Imaxe
Resultado final   A Asociación Cultural e Recreativa "O Peque Coro" do CMUS Xan Viaño de Ferrol deseñou, fabricou ,transportou e instalou uns mobles para os contrabaixos do conservatorio, moi necesarios para unha boa conservación dos instrumentos.   A idea xurdiu do centro que puxo o diñeiro para o material necesario; a pericia e o enxeño correu gustosamente pola conta da Asociación.   Esperamos que a colaboración e a cooperación entre todos sexa sempre positiva e que veña a sumar e mellorar en todos os aspectos.   Galería de imaxes do " making off ":    

EIXO ATLÁNTICO, premios

Imaxe
"A presenza da cidade naval terá lugar a través do Conservatorio Profesional Xan Viaño, e máis concretamente, das tres alumnas do centro que foron seleccionadas polo propio centro para o certame que terá lugar entre o 23 e 24 de abril en Vilagarcía" Diario de Ferrol   Así anunciábase no periódico do 8 de abril o certame que tivo lugar este pasado fin de semana en Vilagarcía coas nosas alumnas Noreia Hermida (piano) María López Carballo (gaita) e María Lejuán (oboe) que actuaron na categoría de menores de 13 anos. Noraboa ás tres participantes porque as súas actuacións foron impresionantes. E noraboa a Noreia que acadou o 1º premio na categoría de solista.   Mais información no  facebook do conservatorio    Foto dos premiados   Galería de imaxes da entrega de premios :  

FELIZ DÍA DO LIBRO 2016

Imaxe
Fonte: #BuenasLecturas. Ilustración de Vincent Mahé

CONCERTOS DIDÁCTICOS 2016, venres 22 de abril ás 19:00

Imaxe
  Facémonos eco do concerto didáctico de mañá venres. Non volo perdades!   Fonte: Facebook do Concello de Ferrol   Pola mañá houbo dous pases para centros de primaria do municipio e outro pola tarde para todo aquel que recollera as entradas de balde na Taquilla do Teatro Jofre. Mais información no Facebook do Concello de Ferrol.

TRIVIAL MUSICAL. Concerto 5 de maio

Imaxe
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 5 de maio. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “ TRIVIAL ”.   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as   A data límite para recibir os vosos correos é o ...

DÍA DO LIBRO, 23 de abril

Imaxe
  Fonte: Bibliotecas Escolares    " Achégase o Día Mundial do Libro , o 23 de abril, unha das datas máis significativas do calendario civil nas bibliotecas escolares galegas. Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo , un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino, quen afirma con rotundidade no seu texto Os libros son para valentes: "... eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereizas..."   Fonte: Bibliotecas Escolcares - Día Mundial do Libro   Neste enlace con BE atoparedes un enlace á mensaxe de Irina Bukoba, Directora Xeral da UNESCO 2016 con motivo desta celebración e o link a...