Publicacións

NOVIDADES: LINGUAXE MUSICAL

Imaxe
Xa están disponibles para os usuarios os fondos seguintes: Cuadernos de teoría    ( L.T 51  *R6015  e  L.L 117* R6016  ) Podedes ver a súa disponibilidade na  OPAC

CONVOCATORIA "BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS" 2017-18

Imaxe
Fonte: edu.xunta.es  Eres alumno/a do Conservatorio e gustaríache colaborar na biblioteca?   Se estás interesado/a ou queres informate do programa podes mandar un correo a: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com cos teus datos para poder poñernos en contacto contigo. Non esquezas poner no asunto " Bibliotecas Solidarias " Tamén podes falar directamente ca coordinadora (Águeda). Prazo para apuntarnos no programa:  antes do 21 de decembro.     Abaixo enlazamos ca súa publicación na páxina de educación da Xunta: Convocatoria do programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2017_18  

PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS: AULAS LIBRES

Imaxe
             Xa está disponible para consulta en sala o último número de  Aula Libre (P.P AUL9)  

TRIVIAL MUSICAL - Concerto 14 de decembro

Imaxe
 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro  xoves 14 de decembro . Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.   A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 11 de de...

ASOCIACIÓN O PEQUE CORO: 22 NOVEMBRO

Imaxe
  Desde hoxe ata o venres a Asociación Recreativa "O Peque Coro" porá palomitas de millo sen gluten para todos... :) O conservatorio recende rico   Durante este días poderedes consultar el memorándum do curso pasado da Asociación.     Enlace: Memorándum 2016-17  

22 DE NOVEMBRO: DÍA DOS MÚSICOS

Imaxe
  Vístedes o que fixo a Asociación Recreativa "O Peque Coro" no vestíbulo do Conser para conmemorar o noso día? Pois xa veredes o que nos ten preparado!   Galería de imaxes:    

ASESORÍA: Cómo identificar noticias falsas - IFLA

Imaxe
  Fonte: Bibliotecas Escolares de Galicia   Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia falaron a comezos de curso de cómo identificar noticias falsas. Desde aquí facémonos eco da interesante entrada que copiamos a continuación.  Para ler máis, ir á fonte :)   "A IFLA (International Federation of Library Associations and Institutions ) publicou hai un tempo esta infografía na que se lembran algúns aspectos a ter en conta á hora de valorar a información e a fiabilidade das noticias: How To Spot Sake News Traducida ao galego, lembrámola nestes comezos de curso como unha ferramenta para a imprescindible alfabetización en información , na que podemos ir introducindo ao alumnado desde ben pequenos, e aproveitando o interese polos temas que xorden no medio ou no transcurso das investigacións que realicen nas diferentes fases dos seus traballos.  (Agradecemos a Manuel Iglesias Fernández a tradución ao noso idioma)."   ...