Publicacións

SHOAH para violín solo y Templo Sagrado

Imaxe
  Concerto: 19 outubro, 20:30 Teatro Jofre   Reparto de entradas na taquilla do Teatro Jofre a partir do martes 16 de outubro ata completar aforo. Máximo 2 por persoa.

MATERIAS DE HISTORIA: INFORMACIÓN A USUARIOS

Imaxe
 Desde o equipo de biblioteca queremos informas aos usuarios de que comezamos a catalogación destes fondos cunha nova especificación na equiqueta. A partir de agora, estes fondos terán a seguinte información: MATERIA / AUT / tit . Así pois, os fondos poderán buscarse polas tres primeiras letras do apelido do autor por orde alfabética.  Durante o tempo que dure a recatalogación convivirán os dous sistemas de etiquetado mais confiamos que sexa polo ben da futura localización dos fondos.  Disculpade as posibles molestias  Un saúdo

NOVIDADES GAITA

Imaxe
   Temos novidades na biblioteca na materia de " Gaita ", grazas á doazón da Asociación de amigos de "O Peque Coro":   Manual ególatra básico        Localización: G.D/11   *R: 6129                Podedes consultar a súa disponibilidade na OPAC

NOVIDADES VENTO METAL

Imaxe
   Temos novidades nas materias de Vento Metal: trombón e trompeta (TB.P 32, TB.M 26 a 28, TPA.P *R6130 a 6132)     Podedes consultar a súa disponibilidade na OPAC

DOAZÓN RCMs Ediciones Musicales

Imaxe
   Temos novidades na biblioteca nas materias de " Linguaxe Musical". Grazas á editorial RCMs Ediciones Musicales temos material para os catro cursos de Grao Elemental, cun texto de referencia, un caderno de traballo para o alumno e material para traballar o ditado musical por cursos con 2 CDs. Os fondos atoparédelos en L.D 28-31 e L.L 118 a 125 .    Podedes consultar a súa disponibilidade na OPAC

ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: Poéticas diversas

Imaxe
Fonte: Asesoría de Bibliotecas Escolares  " A poesía, din, é a memoria do mundo ". Juán Marqués   "A poesía está por todas partes, o que importa é explorar para descubrila. A biblioteca escolar é un lugar privilexiado para estimular esa mirada que xogue a descubrir a poesía que se agocha nas paisaxes, na música, no cine, nunha noite estrelada, no baile do vento na herba, nos seres minúsculos que só podemos ver a través do microscopio, nesa música que engaiola, na palabra dos poetas, na tradición oral, nun texto que nos traspasa e nos obriga a mirarnos, nesa persoa que nos axuda a abrir os ollos para ver o que nos reodea, no último descubrimento científico (eses escutoides descoñecidos atá agora), nesa voz que nos fala, nese abrazo que nos agarima...    POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para d...

TRIVIAL MUSICAL: concerto 26 de outubro

Imaxe
    Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro venres 26 de outubro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as   A data límite para recibir os vo...