Publicacións

XVIII CERTAME "Xan Viaño" DE CREACIÓN MUSICAL

Imaxe
XVIII Certame de composición  

RECORDATORIO: SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA, 3 de xuño

Imaxe
  Fonte:  Sociedad Filarmónica Ferrolana   Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana dez alumnos/as do conservatorio poderán ir de balde ao concerto. É doado. Só tes que seguir uns pasos sinxelos: 1.      Data límite para reservar a túa entrada:  mércores 1/6/22  ata o peche do conservatorio.  Podes reservala apuntándote na  lista de conserxería  ou escribindo un  correo electrónico  a:  biblioteca.cmus.xanviano@edu.xunta.gal.  No asunto especifica " concerto 3 de xuño " e escribe o teu nome completo e o curso que estudas no conservatorio. 2.      As entradas (10) adxudicaranse por estricta orde de entrada nas listas. Unha soa entrada por alumno/a. 3.      As entradas recolleranse o  xoves día 2 pola tarde na  Conserxería do conservatorio . 4.      As entradas son personais e intransferibles. A Taquilla do Jofre terá un listado cos/coas alum...

NOVIDADES: tesoros da música de España

Imaxe
 Temos unha nova colección de CDs " Tesoros da música de España ". en CD/ tes(1-12) .  Consulta a súa disponibilidade en  OPAC

17 DE MAIO: LETRAS GALEGAS a FLORENCIO DELGADO

Imaxe
Este ano o día das letras galegas adícaselle a Florencio Delgado Gurriarán (nado en Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, Ourense; 27 de agosto de 1903 - Fair Oaks. Estados Unidos; 14 de maio de 1987). Florencio Delgado foi un escritor galego en lingua galega. Estudou na Universidade de Valladolid, onde se licenciou en Dereito, chegando a ser avogado no Barco de Valdeorras. En 1933 afiliouse ao Partido Galeguista. Despois do estalido da Guerra Civil, conseguiu fuxir da represión iniciada na comarca de Valdeorras polos rebeldes en xullo de 1936, ata chegar a Oporto, Portugal, desde onde puido trasladarse a Burdeos (Francia) para chegar á Barcelona Republicana, ​​en xaneiro de 1938. Nese mesmo ano ingresou na executiva do Partido Galeguista como secretario de Propaganda. Rematada a Guerra Civil exiliouse en México, país onde se estableceu definitivamente. Morreu o 14 de maio de 1987 en Fair Oaks, Estados Unidos, aos 83 anos. Florencio Delgado Gurriarán foi un home que entendeu a importancia...

NOVAS ESPECIALIDADES: piano-improvisación (PI.I) e gaita-cancioneiros (G.C)

Imaxe
   Os fondos de piano-improvisación (PI.I) estarán temporalmente no andel de Historia-varios (H-V) en espera de que o equipo de biblioteca reorganice o espazo.  Nambos casos xa contan cunha etiqueta MAT/AUT/tit .  Saúdos desde a biblioteca.

DOAZÓN DA FUNDACIÓN ROGELIO GROBA, audiovisuais

Imaxe
  Grazas á Fundación Rogelio Groba, temos novidades en audiovisuais: 5 CDs con música de banda e orquestra (cámara e sinfónica). Consulta a súa disponibilidade en  OPAC

Grandes lectores 21-22

Imaxe
  Este curso quixemos recoñecer de novo a ilusión e o entusiasmo dos nosos usuarios e tres foron os grandes lectores elixidos por MEIGA.  Esperamos que continúen coa mesma ilusión mergullándose na lectura e na escoita.