Publicacións

Imaxe
  Neste segundo reto queremos centrarnos no estilo concreto ao que nos estamos a referir. O estilo dunha época moitas veces está asociado a un país concreto. Imos a dar 3 pistas: O estilo deste reto caracterízase pola moderación, o refinamento e a exquisitez.  Nese país fálase unha lingua latina como o galego e o castelán. Este país ten unha torre moi alta, e nesa mesma cidade hai unha catedral moi importante que ardeu fai poucos anos. Para contestar ben o II Reto tes que poñer o nome do estilo e o país ao que fai referencia. Por exemplo: Romanticismo Alemán A que estilo concreto nos estamos a referir?

HOXE

Imaxe
 A biblioteca José Fontenla Leal está en Santiago

PUZZLE

Imaxe
 Pouco a pouco o novo puzzle vai collendo forma. Pasade pola Biblioteca e animádevos a ver cómo vai quedando. Boa tarde de mércores.

SERVIZOS: Charla na biblioteca ás 20:00

Imaxe
  O xoves  30  d e marzo  ás 20 :00 a biblioteca acollerá unha charla a cargo do xefe de estudos.  Só haberá servizo de empréstito-devolución e a entrada será pola outra porta. Pregamos sexades previsores co material que poidades necesitar para minimizar as entradas. Un saúdo

III RETO MUSICAL: 1ª pista

Imaxe
 O lema das bibliotecas deste curso é “ A Escritura ”. Para o reto musical deste novo curso queremos relacionar a escritura musical coa interpretación musical. Moitas veces a partitura non contén toda a información sobre a interpretación musical. Cada estilo musical, cada época, ten o seu propio linguaxe. Na música culta cada época ten o seu propio acento. O mesmo que ocorre entre unha persoa de Ferrol e outra de Vigo; falamos o mesmo idioma pero con acentos diferentes. Por este motivo é moi complexo representar toda a información sobre ese “acento” nun simple pentagrama. O estilo musical no que está contextualizado o RETO MUSICAL deste ano caracterízase por ser unha música moi continua, con poucas pausas, onde as obras solían ser breves.  Moitas veces as melodías das obra se entrelazaban ese imitaban entre elas o que se coñece como Contrapunto . Os interpretes tamén ornamentaban moito as melodías e na maioría dos casos os ornamentos nin estaban escritos nas partituras.  ...

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: 13 de abril

Imaxe
Fuente:   Sociedad Filarmónica Ferrolana   Fecha/Hora:  13/04/2023,  20:30 Ubicación:  Auditorio de Ferrol Pacho Flores trompeta | Manuel Hernández-Silva director GABRIELA ORTIZ Concerto para trompeta (estrea absoluta) PAQUITO D’RIVERA Concerto para trompeta (primera vez pola OSG) VASILI KALINNIKOV Sinfonía n* 1 en sol menor (primeira vez pola OSG) Aínda quedan 2 entradas para este concerto das 10 coas que a Sociedad Filarmónica Ferrolana agasalla ao Conservatorio. Se che apetece asistir de balde, aínda podes apuntarte en Conserxería.

2º PUZZLE COLABORATIVO

Imaxe
  Dende hoxe temos na biblioteca outra proposta de puzzle colaborativo. Nesta ocasión os instrumentos dunha orquestra sinfónica.  Por se vos animades, lembramos as instrucións e esperamos que o disfrutedes moito. Aí está...