Publicacións

Concerto 15 de maio, Auditorio de Ferrol. Sociedade Filarmónica Ferrolana

Imaxe
Lembramos que tedes en conserxería a folla para conseguir unha entrada, cedidada pola Sociedade Filarmónica Ferrolana. Esta folla retirarase uns días antes do concerto para tramitar a xestión das entradas. Animádevos a escoitar boa música en directo !! Equipo de Biblioteca  

Un modelo en 3D cartografa os recunchos máis descoñecidos da Cova do Rei Cintolo

Imaxe
O mapa dixital percorre 9.204 metros da cavidade subterránea máis grande de Galicia e o obxectivo é chegar aos 11.000 A Cova do Rei Cintolo é unha mestura indiscutible de mitoloxía e ciencia. Descuberta en 1873, hai poucos estudos sobre a cavidade subterránea máis grande de Galicia. Agora, un equipo de espeleólogos coordinado por  Marcos Vaqueiro  está a traballar nun modelo en 3D que se adentra nos recunchos máis descoñecidos da cova. Xa conseguiron estudar  9.204 metros  e  o obxectivo é chegar aos 11.000 . “Cando comezamos en 2018, a cartografía da cova de 1979 incluía unas 5.190 metros, aínda que pensaban que acadaba os 6.500. A aposta do 2025 é dobrar a medición obtida no século pasado”, indica. O último modelo dixital público, datado de decembro de 2024, inclúe preto de  14.000 estacións topográficas . Os investigadores que forman parte do proxecto  Rei Cintolo: Obxectivo 11.000 m , que busca a maior cartografía da cova, xa pechou os grandes perc...

Un libro recolle por primeira vez ata 704 cantigas de amor

Imaxe
  Unha investigadora da USC recompila os textos transmitidos nos cancioneiros medievais da Ajuda, da Biblioteca Nacional e da Vaticana C antiga medieval. Foto de arquivo 704 cantigas de amor  nunha mesma obra. Ese é o  novo libro da profesora da Universidade de Santiago (USC) , Mariña Arbor Aldea. A serie, dedicada á poesía galego-portuguesa,  recolle por primeira vez a edición crítica destes textos  transmitidos polos principais cancioneiros medievais. É o caso da Ajuda, da Biblioteca Nacional e da Vaticana. A publicación supón un avance destacable  na recuperación e divulgación do patrimonio literario  galaico-portugués. O volume impreso que  se presenta este xoves 24  recolle as 704 cantigas de amor co nome de  Universo Cantigas. I. Cantigas de Amor . Cada unha delas está acompañada  cunha paráfrase en galego actual  e referencias ás fontes manuscritas e ás edicións previas existentes. Por outra banda, o libro tamén contará ...

Enquisa de valoración da Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño para este curso 2024/2025

Imaxe
Porque a vosa opinión é importante, achegamos aquí a enquisa de valoración para este ano, da Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño. Estes datos son moi importantes xa que nos axuda a seguir mellorando e co tempo, ter unha biblioteca de gran calidade para toda a comunidade educativa. Por iso, as vosas opinións son moi importantes. Podes cubrir a enquisa premendo na ligazón que deixamos aquí ou ben, na biblioteca terás as enquisas en papel para cubrir e depositar na urna de opinións. Moitas grazas de antemán e animádevos a participar !!!  Porque a vosa opinión importa. Equipo de Biblioteca José Fontenla Leal CMUS Xan Viaño de Ferrol

Gañadores do I Concurso de Poesía organizado pola Biblioteca José Fontenla Leal eo EDLG

Imaxe
Deixamos aquí os nomes dos gañadores do I Concurso de Poesía,  organizado pola coordinación do equipo de Biblioteca José Fontenla Leal e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Moitísimas grazas a todos e a todas por participar. Faremos a entrega dos diplomas e dos premios o mércores 14 de maio ás 17:15 h. na Biblioteca do Xan Viaño. Os participantes tamén recibirán o seu diploma de agradecemento pola súa participación. Parabéns a todos e a todas !!

GUÍA DE CULTURA, SERVIZOS E OCIO EN FERROLTERRA MAIO 2025

Imaxe
  Deixamos aquí información moi interesante dos próximos eventos na zona de Ferrolterra. Preme directamente na imaxe para acceder a toda a guía.

O sector do libro afea a "falta de apoio" da Xunta e alerta da escasa presenza do galego

Imaxe
  Galiza celebra esta cuarta feira, 23 de abril, un Día do libro "agridoce" para as librarías, as editoriais e as propias escritoras e escritores. Malia que as vendas e os índices de persoas lectoras se manteñen nos rexistros dos últimos anos, non acontece o mesmo cos libros escritos en lingua galega, cuxo peso é cada vez máis cativo dentro do sector, que urxe medidas á Xunta para reverter esta situación. Deixamos aquí a ligazón para ver esta nova completa.