Publicacións

Manifesto IFLA_UNESCO sobre a Biblioteca Escolar 2025

Imaxe
  A  IFLA  vén de publicar o  Manifesto IFLA-UNESCO sobre a Biblioteca Escolar 2025 , unha edición actualizada do Manifesto IFLA-UNESCO sobre a Biblioteca Escolar: A biblioteca escolar no ensino e a aprendizaxe para todos (1999). Unha revisión acorde aos cambios e evolución da nosa sociedade destacando o papel da biblioteca escolar como axente de inclusión e equidade.   "Nun contexto onde a información evoluciona rapidamente e as novas tecnoloxías conlevan oportunidades e desafíos, o rol da biblioteca escolar na colaboración activa para fomentar a alfabetización, o pensamento crítico, a creatividade e a cidadanía global a través dunha educación inclusiva e equitativa é máis importante que nunca". 

De nenas a lendas: 15 historias de emprendemento feminino

Imaxe
  Unha iniciativa única de sensibilización e empoderamento que forma parte da campaña Enredadas e foi impulsado e desenvolvido por 24 mulleres (2 máis na súa versión en galego), dá voz ás historias de 16 emprendedoras de diferentes países —España, Bolivia, Colombia, Nicaragua e Perú— e promove o valor da perseveranza, a creatividade e o liderado feminino en contextos diversos e moitas veces adversos. Cun enfoque didáctico, De nenas a lendas preséntase como unha ferramenta educativa que inspira a novas xeracións a desenvolver o seu espírito emprendedor e a afrontar os desafíos desde a valentía e a resiliencia. Esta obra busca inspirar e educar sobre o valor da perseveranza e o liderado feminino en contextos diversos. Cada historia, ilustrada por unha artista diferente, eleva a estas mulleres como referentes para novas xeracións. Para descargar a obra

Concertos das agrupacións de Grao Elemental

Imaxe
Gran concerto das Pequeagrupacións do conservatorio o próximo mércores 4 de xuño ás 19:00 h no Auditorio Municipal de Ferrol. O Peque Coro, a Pequeorquestra e a Peque Banda ofrecen este concerto cheos de ilusión, no que interpretarán obras de diferentes estilos musicais, traballadas durante este curso. Esperámosvos! Entradas gratuítas xa dispoñibles en: https://entradas.ataquilla.com/es/ventaentradas/conciertos/55-auditorio-de-ferrol/x3ahwgaw-concerto-das-agrupacions-de-grao-elemental-do-cmus-xan-viano-de-ferrol

Certame Xan Viaño de Creación Musical

Imaxe
  Venres 30 de maio ás 17:00 h: Certame Xan Viaño de Creación Musical Edición XXI: Cantos Tradicionais. Esperámosvos!

Peche para o curso 2024/2025 por cuestións de organización e xestión.

Imaxe
 

Concertos Agrupacións Grao Profesional no Auditorio Municipal

Imaxe
Concertos das agrupacións de Grao Profesional no Auditorio Municipal de Ferrol. O Mércores 28 de maio ás 19:00 h escoitaremos ao Coro GP, Peque Coro in crescendo e Orquestra GP. O Xoves 29 de maio ás 19:00 h, será o turno da Banda de 1º e 2º de GP e a Banda de 3º a 6º GP. Esperámosvos! Entradas gratuítas xa dispoñibles en: https://entradas.ataquilla.com/es/ventaentradas/conciertos/55-auditorio-de-ferrol/x3ahw2j5-conciertos-fin-de-curso https://entradas.ataquilla.com/es/ventaentradas/conciertos/55-auditorio-de-ferrol/x3ahw3kv-conciertos-fin-de-curso

Graduación Fin de Grao Profesional

Imaxe
O próximo venres 30 de maio ás 20:00 h, terá lugar a Graduación do alumnado de Fin de Grao Profesional, unha merecida homenaxe ao noso querido alumnado que remata os seus estudos no conservatorio. Parabéns a todos eles e ás súas familias, por todos estes anos de esforzo e dedicación no noso centro. Sempre formarán parte do Xan Viaño. Entrada libre ata completar aforo.