Publicacións

BUSCANDO A XANVI

Hola a tod@s! A continuación vos deixo un enlace onde podedes ver todas as obras que participaron na búsqueda da mascota do noso Centro. Os gañadores anunciaranse o vindeiro Vernes 1 de Febreiro a partir das 19:00 h . no salón de Actos do noso Conservatorio, despois das actuacións musicais programadas para o día da Paz. Esperamos que o pasedes ben. Ahí van os enlaces dos participantes: https://www.dropbox.com/s/npkrt011yks5gpy/Adri%C3%A1n%20Tre%20Polo.pdf https://www.dropbox.com/s/wegji0401oqrrxa/Alejandra%20Lage%20Iglesias.pdf https://www.dropbox.com/s/qkbm3vw2hvtwlws/Bruno.pdf https://www.dropbox.com/s/s68kafsspvyupyd/Candela%20Pa%C3%B1al%20Paroj%C3%B3.pdf https://www.dropbox.com/s/pe44w6oj4nj343e/Daniel%20Ardao%20R%C3%ADos.pdf https://www.dropbox.com/s/cljnusq02jpg0ri/David%20e%20Ra%C3%BAl%20Seoane%20Castilla.pdf https://www.dropbox.com/s/hylya9fd4py38a2/Desir%C3%A9e%20Prieto%20Fraga.pdf https://www.dropbox.com/s/d1mgzyoprgbaq7g/Elena%20Ram%C3%ADrez%20Estraviz%20-%2...

TRIVIAL MUSICAL - CONCERTO DÍA 31 DE XANEIRO DE 2013

Imaxe
Hola a tod@s! TRIVIAL MUSICAL De novo, neste ano 2013 continuamos con esta iniciativa que tan boa acollida está tendo no noso Centro, en estreita colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG); a Biblioteca do Conservatorio e a  Sociedade Filarmónica Ferrolana,  ofertará dez entradas para asistir ao vindeiro concerto do día 31 de Xaneiro e para o que teredes que contestar de xeito correcto a pregunta do mes deste blog, que a continuación poderedes ver. Recordamos que, tendo en conta que hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte:  bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñerémonos en contacto con vos a devandita entrada, no caso de que acertedes a devandita pregunta. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o ...

Master-Class Trompetista John Aigi.

O proximo luns 28 de Xaneiro John Aigi Hurn impartirá unhas clases maxistrais no noso centro. Trompetistas, disfrutadeo!!!!!!

Curso de dirección coral infantil e xuvenil

Imaxe
Os días 26, 27 e 28 de abril de 2013 no CMUS Profesional Xan Viaño terá lugar un Curso de dirección coral infantil e xuvenil organizado polo departamento de Linguaxe Musical . O profesor,  Basilio Ast u lez , non só   é un dos directores de coro máis prestixiosos a nivel nacional e internacional senón que destaca, ademáis, pola súa enorme calidade docente e humana que, sen dúbida, farán deste curso unha experiencia altamente recomendada e motivadora para o alumnado de grao elemental e profesional.  O curso está dirixido a: Alumnado de grao elemental (coro infantil). Alumnado de grao profesional (coro xuvenil). Profesores de música, directores de coro, alumnado de grao superior e cursos avanzados de grao profesional interesados na dirección coral (dirección coral). Nos seguintes enlaces poderás gozar do seu traballo: Leioa Kantika Korala Vocalia Taldea Para máis información podes descargar desde aquí o boletín de inscrición. ...

Concerto de Piano

O vindeiro mércores 23 de xaneiro ás 19:30h tendremos o pracer de poder escoitar a Luka Hauser no auditorio do conservatorio. Luka é un rapaz cunha traxectoria moi destacada, así que recomendamos a vosa asistencia. Este será o terceiro recital de piano que nos ofrece ó longo deste curso.

HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO

Imaxe
Hola tod@s! Dende o equipo de Normalización e Dinamización Lingüistica e da Biblioteca José Fontenla Leal, queremos facer partícipes a todos do homenaxe que se fixo na Biblioteca do noso Centro o día 12/12/12 as 12:00 h . en consonancia cunha iniciativa que se formulou e se fixo eco nas Bibliotecas que están adscritas no PLAMBE. No noso Centro e de xeito moi humilde quixemos ser partícipes lendo un par de poemas de Celso Emilio Ferreiro; ahí tedes as fotos do día en cuestión. Gracias a todos os profes que colaboraron e fixeron un oco dentro dese día, xa que estabamos de Avaliación, sobre todo a Iria Rico, Responsable do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüistica, e a Quique, Responsable da Biblioteca, como se pode apreciar nas seguintes fotos. GRACIAS (Perdoade o error informático por causa allea a nós)

DESEÑO DA MASCOTA DA BIBLIOTECA E DO CENTRO: BUSCANDO A XANVI

Imaxe
Hola a tod@s: Dende o Departamento de Convivencia e da Biblioteca queremos promover unha actividade a toda a comunidade educativa do noso Centro; dita actividade consiste na elaboración dunha mascota que represente ao Conservatorio e a Biblioteca. A continuación deixovos as bases para que lle botedes un vistazo. CONCURSO DESEÑO DE MASCOTA CMUS XAN VIAÑO DE FERROL BUSCANDO A XANVI Buscamos a Xanvi, a mascota que nos represente e acompañe na vida e actos do conservatorio. A Xanvi gústalle a música (canta e toca calquera instrumento), as artes, a lectura, Galiza e a súa cultura. Xanvi é simpático e moi bo amigo, ecoloxista e pacífico, e defende valores de liberdade, solidaridade e igualdade. BASES ·          Calquera persoa ou grupo pode participar (pais, nais, alumn@s, profes, amig@s, familia…), cantos máis mellor! ·          A mascota creada debe ser orixinal. ·   ...