Publicacións

MEMORIA: XEOGRAFÍAS SONORAS 20-21

Imaxe
  Todos os cursos desde 2006 a Consellería de Cultura, Educación e Universidade (Asesoría de Bibliotecas Escolares) publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia. O lema elixido para o curso 2020/21 foi “ XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR ” [1] e a encargada nesta ocasión de interpretar e materializar esa idea foi Bea Lama [2] . Foto 1. “Xeografías lectoras” por Bea Lama.   Este curso en especial, se nos convida a explorar todas as posibilidades que nos ofrece a lectura para construír á persoa lectora. No noso caso extrapolámolo á escoita de música porque ao igual que a lectura, tamén é unha sorte de viaxe; como din Consuelo Gundín e María José Pousa “( ...) obedecen á mesma pulsión: o desexo ou a necesidade de abrir unha paréntese na vida cotiá, romper coa rutina, coñecer outros lugares, vivir novas experiencias, ser outros .” [3]   Así pois, o equipo de biblioteca propuxo desde o blog escoitas semanais desde diferentes perspectivas cun...

REVISTA FALAMUS 2020-21

Imaxe
Falamus 2020-21

OS NOSOS GRANDES LECTORES

Imaxe
 Este curso quixemos recoñecer a ilusión e o entusiasmo dos nosos usuarios e Alba, Alicia e Iago foron os grandes lectores elixidos por MEIGA.  Esperamos que lles gustara o diploma e o pequeno agasallo que recibiron e que sigan sempre coa mesma ilusión mergullándose na lectura e na escoita.  Moitas grazas ás súas familias por ponernos tan doado a reunión con eles.

XOSÉ FONTENLA LEAL, O AMIGO DOS LIBROS

Imaxe
 Por fin compartimos o vídeo dos participantes no Reto a Casa de Fontenla Leal, actividade como sabedes organizada polo Equipo de Biblioteca e o EDLG do conservatorio.  Queremos dar as grazas a todos os alumnos e alumnas participantes, así como tamén aos profes que se animaron a achegarse á casa onde naceu este intelectual galego tan importante: Alba Amado Formoso, José Andrés Freire Blanco, Carmen Freire Blanco, Celia Freire Blanco, Noa López Armada, Manuel Seijas Lago, Ismael Freire Vilariño, Iago Medel Cendán, André García Vigo, Jimena García Fernández, Mario Santalla Rico, Gabriel Espada Gutiérrez, Paco San Ramón Calvo, Quique Agrelo Otero, Águeda Gutiérrez Escudero, Catuxa Pita Evia, Isabel Fernández Alvar, Begoña Álvarez Feal e Iria Rico Fernández.  Grazas tamén ás súas familias por animalos a participar e colaborar con nós!  No vídeo que está feito con moito agarimo para todos vós, poderedes coñecer un pouco da vida de Fontenla Leal, un home que a pesar das di...

XEOGRAFÍAS SONORAS: FIN DA NOSA VIAXE.

Imaxe
 Hoxe é a derradeira entrada de Xeografías Sonoras , a viaxe que fixemos durante este curso por sonidos do mundo e do tempo.  Para rematala ao grande, Iago ha querido compartir connosco un anaco das súas xeografías sonoras. Vai explicarnos nun vídeo e nunha preciosa carta por que lle gusta tanto o rock e envíanos un enlace a un tema do grupo de Ferrolterra  Pölisong  que lle encanta. Espera que vos guste. Á biblioteca tamén encántalle!. Fonte: Youtube Non deixedes de escoitar música.

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: 3 de xuño

Imaxe

Recomendacións para as vacacións

Imaxe