Publicacións

O arqueólogo galego Alfredo González-Ruibal, Premio Nacional de Ensaio 2024

Imaxe
O Ministerio de Cultura galardoa o libro 'Terra arrasada' pola súa "apaixonante e nova forma de presentar os conflitos armados" O arqueólogo Alfredo González-Ruibal. Foto: Editorial Crítica O arqueólogo  Alfredo González-Ruibal  acaba de ser galardoado co Premio Nacional de Ensaio 2024 pola súa obra  Terra arrasada: unha viaxe pola violencia do Paleolítico ao século XIX   (Crítica). O recoñecemento é concedido polo Ministerio de Cultura e está dotado con 30.000 euros. O investigador do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC) naceu en Madrid pero criouse en Galicia, á que está moi vinculado. O xurado destacou a obra do González-Ruibal pola “apaixonante e nova forma de presentar os conflitos armados desde a experiencia e o punto de vista da arqueoloxía de campo. Na precisión do narrado, subxace a  experiencia directa  do autor en diferentes xacementos, o que fai posible oír as voces habitualmente silenciadas no relato frío e convencional das guerra...

Unha primeira edición de ‘20.000 Leguas de Viaxe Submarina’ chega ao Aquarium Finisterrae da Coruña

Imaxe
A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias cedeu o exemplar para a súa exhibición na sala Nautilus O exemplar de '20.000 leguas de viaxe submarina' que está exposto no Aquarium. O  Aquarium Finisterrae  recibiu un valioso exemplar da primeira edición da novela  20.000 leguas de viaxe submarina  escrita por Xulio Verne en 1869. Trátase dunha publicación en castelá da que  só hai 12 exemplares  catalogados en todo o mundo. O singular exemplar foi cedido pola Asociación Amigos da Casa das Ciencias para a súa exhibición. Este libro expoñerase na  sala Nautilus  do acuario coruñés para divulgar a relevancia do seu contido desde unha perspectiva histórica e educativa. Servirá para profundar nas perspectivas culturais que caracterizan os contidos da Sala Nautilus, xa que ademais dun relato de ciencia ficción, o libro é tamén unha  obra de divulgación científica  dun dos pioneiros deste xénero literario. De feito, nas súas páxinas pódense ler d...

Presenza da Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño nas Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2024/2025

Imaxe
O día 9 de novembro celebrouse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, as Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia "Biblioteca Escolar a Escena!" deste curso 2024/2025 . O CMUS Xan Viaño de Ferrol, estivo presente coa asistencia de Soraya García Riveiros, a coordinadora da Biblioteca José Fontenla Leal do Conservatorio de Ferrol.  Déronse cita equipos de biblioteca, docentes, asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática do lema deste curso "Biblioteca escolar, a escena!". Unha xuntanza que falou do poder do Teatro como soporte para diferentes relatos, da interpretación como linguaxe poderosa... que eloxiou á biblioteca e á escola alfabetizadora; o papel facilitador da biblioteca a través dos novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do fomento da lectura, da participación das familias, da creación de redes... Foi, novamente, unha ocasión para o encontro entre o profesorado deste amplo colectivo de docentes ...

Do 9 ao 17 de novembro Semana da Ciencia en A Coruña

Imaxe
Semana da ciencia Entrada gratuíta   do 9 ao 17 de novembro Para visitar o  Aquarium Finisterrae hai que reservar  entradas, cun máximo de 3 días de antelación,  aquí Para as  sesións de planetario do fin de semana hai que reservar entradas,  con 1 día de antelación,  aquí A visita ás  salas de exposicións de Casa das Ciencias e Domus, sen reserva , sempre que a capacidade non estea completa. A Semana da Ciencia 2024 estenderase do 9 ao 17 de novembro Para visitar o Aquarium hai que reservar entradas con antelación, así como para asistir ás sesións de Planetario da fin de semana A Semana da Ciencia 2024 nos Museos Científicos Coruñeses terá 9 días consecutivos de entrada gratuíta, nos que o público poderá gozar das exposicións interactivas dos tres centros, que abrirán todos os días de 10.00 a 19.00 horas, con último acceso ás 18.00 horas no Aquarium Finisterrae e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e Domus. Para visitar eses días o  Aquarium...

Concerto 14 de novembro ás 20:30h. no Teatro Jofre: Forma Antiqua – Aaron Zapico Farándula Castiza

Imaxe
Lembramos o próximo concerto desta temporada organizado pola Sociedade Filarmónica Ferrolana Este concerto será o 14 de novembro de 2024 no Teatro Jofre de Ferrol.  Lembrar que aquel alumnado interesado en adquirir unha das 10 entradas    para asistir ao concerto, que doa a Sociedade Filarmónica Ferrolana,  tense que rexistrar na folla que hai en conserxería.  O alumnado terá que ir sempre acompañado dun ou dunha docente.  A folla de rexistro retirarase este xoves día 7 de novembro. Moitas grazas    FARÁNDULA CASTIZA FORMA ANTIQUA Aaron Zapico, clave e dirección Jorge Jiménez, violín Pablo Zapico, guitarra Daniel Zapico, tiorba Daniel Pinteño, violín Ruth Verona, violonchelo   Programa Farándula castiza Carteleira instrumental de corráis e coliseos O repertorio consiste nunha coidada selección de pezas provenientes de seraos, teatros e rúas do Madrid do século XVIII, recuperadas por Forma Antiqva e interpretadas co seu recoñecido e valorado e...

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2024

Imaxe
" Toda sociedade precisa coñecer e interpretar o mundo para desenvolverse   nel de forma satisfactoria. A Ciencia é un xeito especial de coñecemento   do mundo que se desenvolveu en Occidente desde o Renacemento e   eclosiona coa Modernidade nos séculos XIX e XX. É responsable do noso   progreso tecnolóxico e industrial, pero tamén foi da man do complexo   tecno-militar desde o século XVI, da consolidación do capitalismo e   da expansión colonial europea. Toda esta historia está reflectida nas   bibliotecas e fan que debamos volver a elas continuamente. Pero non só.   Tamén está reflectida na tradición oral, nos hábitos e na cultura material". Felipe Criado-Boado  Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Conselleria de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLI...

Dende o luns 4 de novembro na Biblioteca do CMUS... STORY TELLING AT THE LIBRARY !!

Imaxe
  Unha imaxe vale máis que mil palabras por iso que, aquí tedes a información :) Os luns de 17:15 h. a 17:45 h. na videoteca do Conservatorio de Música Xan Viaño Actividade organizada pola Sección Bilingüe e o Equipo de Biblioteca do CMUS Xan Viaño. See you !!!!