Publicacións

A viaxe de Alemaña ao Miño dunha ave en perigo de extinción

Imaxe
  Un ibis pelado, unha das especies máis ameazadas do mundo, chega ao esteiro do Miño procedente dun zoo de Halle tras pasar por Barbate e Faro Plumaxe negra con reflexos metálicos verdes e púrpuras, pico longo e curvo e unhas extensas plumas colgantes sobre a caluga. Estas son as características que identifican o  ibis pelado  ( Geronticus eremita ),  unha das aves máis ameazadas do mundo  que estes días visita o esteiro do Miño para asombro e pracer de ornitólogos galegos.  O primeiro avistamento no concello da comarca do Baixo Miño comunicábao a Asociación Anabam. Foi unha veciña,  Ángela Baz , quen fotografou esta ave sobre o tellado dunha casa na zona de Pías, dentro da parroquia de San Miguel de Tabagón, o pasado sábado 7 de decembro.  “Trátase dunha das aves máis ameazadas de España e do mundo , que dende hai uns cinco séculos e ata hai ben pouco non se reproducía de xeito natural na península ibérica”, explican no seu perfil de Facebo...

Un equipo da UDC detecta metais de planetas perdidos na atmosfera de ananas brancas

Imaxe
  Científicos do CITIC usan datos da misión Gaia e intelixencia artificial para avanzar no estudo da evolución dos sistemas planetarios Ilustración dunha anana branca Un equipo do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña logra un importante avance no estudo da evolución dos sistemas planetarios. A través dos datos proporcionados pola  misión Gaia  e co uso de técnicas de intelixencia artificial identificaron  trazas de metais nas atmosferas de ananas brancas , estrelas mortas tras quedar sen hidróxeno que fusionar. Estes metais, que non poden ser primordiais nin xerarse na anana branca a posteriori, atopan nos  restos de planetas destruídos  os seus hóspedes máis probables de acordo cos modelos e teorías máis actuais. Este achado revela a presenza de rastros de planetas que unha vez orbitaron estas estrelas e que foron destruídos cando o astro esgotou o seu combustible nuclear. O artigo, pub...

Un mapa dixital reúne todos os topónimos das cantigas profanas medievais

Imaxe
A maioría dos lugares que se citan nestes textos aínda existen na actualidade, pero moitos deles teñen unha relevancia social moi diferente De esquerda a dereita: a investigadora Carmen de Santiago; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; a coordinadora do proxecto, Pilar Lorenzo; e a investigadora Mariña Bermúdez. Investigadoras da Universidade de Santiago (USC) crearon un mapa dixital con todos os topónimos que aparecen nas cantigas  profanas medievais . A cartografía é froito do traballo dun equipo dirixido pola catedrática de Filoloxía Románica  Pilar Lorenzo Gradín , e no que participan a historiadora  Mariña Bermúdez Beloso  e as filólogas  Carmen de Santiago  e  Helena Bermúdez . Esta ferramenta, denominada  CANTICAR , elaborouse no marco do proxecto  Lírica galego-portuguesa  desenvolvido no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. “Situamos no mapa todos os topónimos que os trobadores e xograres mencionar...

Un mapa interactivo xeolocaliza os lugares que inspiraron as 69 cantigas de romaría

Imaxe
A ferramenta creada na USC permite acceder a textos orixinais, datos históricos e fotografías actuais dos espazos relixiosos Unha das entradas que se pode atopar na web das cantigas de romaría Imaxina un  mapa interactivo  onde poidas consultar (e xeolocalizar) información sobre as  69 cantigas de romaría ou de santuario  que se conservan. Grazas a un proxecto de colaboración entre a Universidade de Santiago (USC) e a Universidade de Carolina do Leste, en Estados Unidos, xa non fai falla que o recrees na túa mente: o mapa xa é unha realidade. A iniciativa  Cantigas de Romaría  combina as novas tecnoloxías co estudo destas  pezas medievais , catalogadas como un suxénero das de amigo, que compoñen o  maior corpus de poesía en voz feminina da Idade Media europea . As cantigas de romaría remiten a igrexas, capelas e ermidas, evocando un pasado festivo vinculado á devoción relixiosa, como segue a acontecer nas romarías e festas patronais de hoxe. As lo...

Postais participantes no "I Concurso de Postal de Nadal Musical"

Imaxe
En primerio lugar, queremos dar as grazas pola numerosa participación neste " I Concurso de Postal de Nadal Musical " , organizado pola  Biblioteca José Fontenla Leal , en colaboración co Equipo de Dinamización de Lingua Galega do CMUS Xan Viaño . Tivo moi boa acollida e esperamos que vos animedes a participar nos seguintes anos.  Estade atentos e atentas porque, no que queda de curso, queremos argallar máis concursos e probas para que amosedes a vosa creatividade, imaxinación e destrezas. Sen máis, aquí deixamos as imaxes das postais e dos seus creadores que participaron no concurso. Moitas grazas !! Alex Iglesias Hevia  Alba Amado Formoso Antía González Salgueiro Elia María Sánchez Freire Irene Rioseco Cuerpo Elián Freire Solla A postal de Elián tiña música na que toca a percusión.  Un detalle moi fermoso e orixinal Elián, moitas grazas. Evan Freire Solla Na postal de Evan tamén soa música e él mesmo toca o piano e deixa unha felicitación ao final.  Moitas gr...

Lecturas para compartir, a escena !

Imaxe
Como encontrar felicidade nos livros que não lemos Por vezes, os livros que não são lidos podem assumir um ar acusador. Muitos leitores senter alguma culpa quando olhamn para pilhas de livros por ler. No meu caso, considero estes livros uma possibilidade de ser livre: não tenho apenas um livro para ler, tenho muitos, e isso permite-me escolher próximo (dentro de um espectro variado de possibilidades). No fundo, concordo com Jules Renard quando escreveu em Notas Sobre el Oficio de Escribir: 《Quando penso em todos o livros que tenho para ler, tenho a certeza de ainda ser feliz.》      Cruz, Afonso (2021). O vício dos livros.  Companhia das Letras Achéganse os días de lecer que coinciden cos primeiros días do inverno, co tempo frío e a pouca luz no exterior. Son ocasión fantástica para ocupar parte do tempo na lectura, sós ou en compañía de amigos ou familiares.   As bibliotecas escolares comezan a difundir as súas recomendacións de lectura (tamé...

Cambios de última hora na entrega de premios do " I Concurso Postal Musical de Nadal "

Imaxe
  Queremos informar de que, debido a un imprevisto, non podemos facer a entrega dos premios como se tiña previsto. Pedimos desculpas polas molestias e polo cambio de última hora.  De todos xeitos, o alumnado participante e tamén os premiados, poden recoller o seu agasallo e o seu diploma en conserxería , polo que tamén agradecemos aos conserxes o favor que nos fan.  Dende o EDLG e o Equipo de Biblioteca , queremos desexar a todo o alumnado e ás súas familias, que pasedes unhas boas festas e que o aninovo 2025 sexa bo e cargadiño de moi bos libros e música. Apertas e vémonos o ano que ven !