Publicacións

Cantas rúas con nomes de muller hai no teu concello? Compróbao neste mapa

Imaxe
  Unha aplicación interactiva permite visualizar a porcentaxe aproximada de espazos en feminino que existen en Galicia O proxecto Streen names lab reflicte a porcetaxe de rúas con nome de mulleres en Galicia. Foto: Street name lab Rosalía de Castro, Clara Campoamor e Concepción Arenal son  algúns dos nomes femininos máis presentes na guía de rúas de Galicia . Pero en que porcentaxe están representadas as mulleres neste eido? Teñen os homes máis vías, avenidas ou paseos dedicados? Agora pódese comprobar a golpe de clic grazas a un  mapa interactivo . A través do proxecto  Street names lab , un grupo de investigación das universidades de Sevilla, Granada e Barcelona analiza cuantitativamente os topónimos urbanos da guía de rúas de España. Para este estudo  desenvolveron un algoritmo que “clasifica de forma automática as rúas de mulleres e de homes , examinando miles de termos obtidos da Guía de Rúas do Censo Electoral do Instituto Nacional de Estatística dende 200...

Eclipses de lúa, de sol e chuvias de estrelas: os eventos astronómicos de 2025 en Galicia. No te perdas de nada !

Imaxe
O ano arrincou cunha aurora boreal e continuará co escurecemento total da lúa en marzo que se poderá observar a simple vista O 2025 comezou cun fenómeno espectacular: as  auroras boreais tinguiron de rosa os ceos galegos  durante a primeira noite do Aninovo. Pero que outros eventos astronómicos se poderán observar no firmamento de Galicia nos próximos meses? O Observatorio Astronómico Nacional (OAN) indica que serán visibles  dúas eclipses totais de lúa e unha parcial de sol,  ademais das principais chuvias de meteoros como as cuadrántidas, que aínda se poden apreciar ata o día 12 de xaneiro. Considérase unha eclipse cando un obxecto astronómico  escurece temporalmente ao pasar un corpo ou a súa sombra  entre o propio obxecto e o observador. Este ano os galegos poderán apreciar  tres eclipses : dúas totais de lúa e un parcial de sol. Eclipse parcial de Sol O primeiro destes eventos terá lugar o 14 de marzo. Será unha  eclipse total de Lúa  qu...

Catálogo GALIX 2024

Imaxe
  Preme sobre a imaxe Dende o  Día Internacional do Libro Infantil ,  Anxo M. Lorenzo, director xeral de Cultura ,   David Cortizo , presidente de GÁLIX , e  C r istina Ru bal,  subdirectora  xeral  de Bibliotecas,   presentaron o  catálogo de Libros infantís e xuvenís de Galicia 202 4  que, como cada ano, elaboramos recollendo os títulos de  literatura infantil e xuvenil  publicados polas editoriais galegas ao longo do ano anterior. Nos comezamos o ano dando a coñecer  esta selección  e que p odes descargar esta en calquera destes espazos: No taboleiro   CATÁLOGOS ,  do Pínterest. No padlet,  CATÁLOGOS, GUÍAS E RECURSOS EN REDE Na páxina de recursos, sección  Catálogos, guías e recursos online ,   ao final da páxina. Pero ante todo queremos desexarvos  FELIZ ANI NOVO!

Cinco libros para agasallar ciencia

Imaxe
  Unha listaxe con opcións para adultos e nenos que mostra o mundo científico e a súa historia en lingua galega A literatura e a ciencia, dúas ferramentas fundamentais para coñecer e comprender o mundo, entrelázanse nos libros de divulgación científica. Este Nadal é un bo momento para impulsar a ciencia pero tamén a nosa lingua. Para que o galego continúe sendo unha lingua vizosa e siga configurando o pensamento da cidadanía, a divulgación científica é fundamental tanto entre o público adulto como o máis novo. Aquí achégase unha listaxe con libros cos que reflexionar sobre a importancia da ciencia para superar as crises, comprender o presente e tomar decisións para o futuro. A lectura é unha forma de evasión e de enriquecemento e non só para os adultos, senón que a través da literatura tamén se pode introducir os nenos no coñecemento científico. Consciencia. A ciencia que nos salvou da pandemia ,  Sonia Villapol Un libro para reflexionar sobre a covid e sobre as aprendizaxes c...

Cantareira, dina, fala, meu… Estas son as seis candidatas a Palabra do Ano 2024

Imaxe
  A Real Aca demia Galega abre a fase de votación popular para elixir o vocablo que sucederá a cibercarracho, comadre e tanxugueiras Termos finalistas para Palabra do Ano 2024. Foto: RAG Aparvar(se), cantareira, dina, emerxencia climática, fala e meu son as  finalistas para Palabra do Ano 2024  da Real Academia Galega (RAG). Os vocábulos, que apelan de distinta maneira a temas que marcaron a actualidade dos últimos meses, responden dende a lingua propia a expresións alleas ou mesmo miran con ilusión cara ao 2025, cando se dedicará o  Día das Letras Galegas á poesía popular oral  e ás mulleres que a transmitiron ao longo dos séculos coas súas voces. A votación telemática para escoller a gañadora, que deu comezo este mércores, permanecerá  aberta ata as 23:59 horas do 25 de decembro  a través do Portal das Palabras da RAG. Neste 2024 medrou aínda máis a preocupación polos efectos do  consumo excesivo de contidos nas red...